domingo, 17 de agosto de 2014

Día da Galiza Mártir: homenaxe a David Mariño

David Mariño Ramos, natural de Noia, presidiu en Portosín a Confederación Nacional do Traballo (CNT), sendo fusilado polos seus ideais, no paredón de Boisaca (foto), no ano 1937.

David durante a República loitou por evitar que os mariñeiros da ría utilizasen dinamita na pesca. Na Guerra Civil foi denunciado por dous armadores e o cura de Boa por participar nunha requisa de armas. Aínda que fuxiu, foi apresado polos seus perseguidores en Boa, onde o delatou un veciño.

Rúa adicada en Portosín na súa memoria.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.