domingo, 16 de marzo de 2014

Como me sona esta canción!!!


Con que moralidade ou dereito atrévese agora esta señora, a pedir contas ou explicacións á Xunta do PP, cando no seu día o seu partido desde a Concellería do Medio Rural, non foi quen de darllas a un cidadán que pagaba os seus impostos, co agravante de que o seu fillo, eu, nese intre militaba no partido, do que me arrepentirei toda miña vida, e onde ademais de pagala cota mensual, aportaba fondos nas campañas, sen que xamais pedise contraprestacións xa que ese non era o meu estilo, como adoitan facer outros, neste partido e noutros.

A Xunta non responde...

Como troca o conto!!!

Medio Rural non contesta...

Para unha vez que reclamamos un dereito, non unha prebenda, vexase a súa resposta. Doutros partidos agardaba de todo, porén do meu? XAMAIS!!! Así espoliounos, ou mellor dito, o exconselleiro roubounos parte dese agro atravesándonolo con esa pista ilegal, feita con fondos públicos, e que nin sequera fora aprobada pola Comunidade.

Descoñezo onde ese señor, xunto co seu curmán, estudaron o termo propiedade privada e Democracia. Verbas que baixo o meu punto de vista quédanlles moi grandes, casándolles mellor esta: Ditadores.

Fai uns días, ollando a defensa que facía Montse Prado na súa conta de Facebook (presuntamente somos amigos), pregunteille por que non seu día non alzou a súa voz contra este atropelo. Non hai peor cego que o que non quere ver... tampouco me contestou.

Viario no PXOM. Planos que Ánxela Franco, como tenente de alcalde mostraba orgullosa a todo o mundo que se achegaba ao Concello, onde prometía a Variante de Portosín, da que agora, conxuntamente co seu partido, seguramente por intereses electorais rexeitan. Xa o di o refrán: Non cuspas para riba que te pode caer na cara.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.