sábado, 11 de xaneiro de 2014

XV Homenaxe a Ramón Sampedro

Homenaxe que dende hai uns anos organiza (DMD) por Dereito a Morrer Dignamente Galicia, que conta coa colaboración do Concello, Amigos de Sampedro, Asociación de Veciños Sartaxas e Queixucas.

O acto comeza hoxe coa apertura da exposición In-conexiones. Unha colección de debuxos e pinturas de Carmen Suárez, socia fundadora de DMD, que estará na casa de cultura até o mércores, día 22.

Polo serán, ás 18.00 horas, está previsto que familiares e amigos de Ramón xúntense na Casa de cultura de Xuño, para lembrar anécdotas e intercambiar opinións sobre a situación na que se atopa a loita por unha morte digna que no seu día liderou Ramón.

Imaxes da Homenaxe do ano pasado





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.