luns, 14 de maio de 2012

Hai que ter un pouco máis de rigor


Parece que non chega con que alguén se dedique a exterminalo lobo na serra, poñéndolle lazos ilegais, tirándolle veleno ou pegándolle tiros co visto e prace da Xunta de Galicia e comunidades que aceptan a súa caza nos seus montes, se non que agora algúns ata se dedican a escribir negando a súa existencia no Barbanza

Teño 52 anos e como xa comentei, de rapaz, que era cando máis andaba no monte, vinnos en varias ocasións. A primeira vez unha manada que pasou preto da Graña e os outros capturados en batidas. Unha cría nun coche e outro, levado atado por unha corda polo señor Ricardo do Grego, como se dun can se tratase.

Non son un entendido en lobos, aínda que de sempre fascináronme os animais, mais o 28 de xuño de 2010 xa comentaba aquí, que algúns dos ataques aos cabalos e vacas que viven en liberdade no monte na Serra poderían provir de cans asilvestrados. O tempo doume a razón.

Todo isto ben a conto deste enquisa en La Voz de Galicia: Que opina sobre a matanza de lobos na serra de Barbanza?

De entre todas quedo con esta, pero hai para tódolos gustos...

#35
José Suárez Caamaño de Pto. do Son
Lupus est homo homini.
Toda esta polémica dos lobos e dos gandeiros foi xerada pola Xunta de Galicia, e agora en ves de buscarlle unha solución o que fan e empeorar mais a situación. Eu crieime no Barbanza e endexamais oín falar de lobos, ata que uns cantos anos atrás os empezaron a soltar no monte, segundo dicían para controlar a superpoboación de xabarís, pero o lobo e lle máis fácil alimentarse de vacas e cabalos. Co cal a polémica xa esta servida. No monte si se fixeran as cousas ben collemos todos, pero o que non se pode pretender e facer as cousas sen prever as consecuencias. Os gandeiros reciben axudas polo gando que teñen no monte, e a Xunta non se quere dar de conta que tal como esta ordenado o monte ou lobos ou gando. Por suposto que o gando ten que estar controlado, pero os lobos tampouco pode campar ás súas anchas, terán que facer un parque algo parecido a Caverceno e telos controlados.

Aproveito para partillar outra máis que interesante entrada da xente de AXENA
Certamente, levamos un mes enfrascados na vergoñosa trama e os plans de des-xestión para o que parece exterminar o lobo barbanzón. Desde AXENA pretendemos informar e divulgar desta situación con argumentos de peso, contidos, imaxes, datos, opinións, lexislación para evitar que finalmente se extinga ao lobo da nosa terra. Mesmo realizamos un documental "Asasinos de Lobos", gravado aqueles días nos que atopamos unha trintena de lazos de aceiro e tres lobos/cánidos mortos por tan crueis trampas.

Ninguén podería dicir nunca, que o lobo, e todo o que o rodea, pode cualificarse como un asunto sinxelo, simple... Todo o contrario, o lobo reverte en todo o que fai unha complexidade tal, que nunca, creo, deixará de asombrarnos. Un dos temas máis recorridos destes días eran os lobicáns, os cruces entre cans e lobos, imposibles de distinguir sen análises xenéticas con todo, como medida de control para protexer a pureza xenética do lobo, permítese que se poida cazar indiscriminadamente e sen ningún tipo de control. Así que hoxe quero ensinarvos outra proba máis, da imposibilidade de distinguir lobos de híbridos, velaquí un vídeo gravado hai dous anos nas serras de Pontevedra. Os autores sinalan a existencia, dun exemplar melánico, unha loba negra, completamente negra. Quen diría que isto é o típico lobo ibérico?


Así que ante estas imaxes nas que se ve o que os autores sinalan como unha loba ibérica, os patróns da pelame dos lobos gardan como todos os seres vivos, unha variabilidade importante, dirixida polos nosos xenes, igual que nós uns somos morenos ou louros, de ollos verdes ou castiñeiros e os tons intermedios? Incluíndo feitos excepcionais, como o melanismo, individuos moi escuros.

A esta variedade morfolóxica, tamén hai que sumarlle máis complexidade ao asunto, e é a súa extrema intelixencia, a súa xerarquización dentro da manda, os roles asignados aos seus membros... etc... Unha personalidade e comportamento, incribles e que aínda en día con todo o que sabemos non deixa de fascinarnos. Póñovos un exemplo baseado en feitos reais. Hai pouco estreouse a película "Entre Lobos" de Gerardo Oliveirais, que contaba a historia dun neno de 7 anos perdido en 1953, Marcos, que foi adoptado pola parella alfa de ese aínda pequeno reduto do lobo ibérico no sur de España, en Serra Morena.


Esta é unha historia incrible. Aos 19 anos, Marcos foi "recollido"" pola Garda Civil, levado a Madrid para a súa "cristianización", fixo o servizo militar e logo foi a traballar a Mallorca, imaxino que polo turismo crecente na época. Con todo, nesta entrevista, pódese observar como goza cos lobos, uns lobos adestrados de Cañada Alta de Madrid, uns lobos que non o coñecían de nada, pero que era capaz de comunicarse na súa linguaxe, fíxose amigo deles... Recoñecérono. Unha historia que nos confirma, a excepcionalidade do lobo, un símbolo da conservación, outro motivo máis, para que non decaiamos en promover a súa conservación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.