venres, 8 de maio de 2009

Praia da Aguieira, recuncho ao natural


Aínda que esta bitácora non a teño para falar de temas comunitarios, as fotos que subo hoxe son para amosar un dos sitios preferidos nas miñas escapadas antes da chegada do verán, para soltala adrenalina e o estres que pillo cando acudo as asembleas, sobre todo se interveño, como me pasou o domingo.

Lembro outra en maio do ano pasado, onde a pesar de escoitalas "barrabasadas e falsidades" que recolleu en acta o presidente, non abrín a boca para nada. Foi unha das asembleas onde mellor me sentín en moitos anos, sobre todo ao ver como a xente marchaba escopeteada ante os desplantes do presidente.

A mágoa foi que ese día os directivos se quedasen sen argumentos para botarme unha vez máis a culpa do que pasou, iso si, como lle había que cargalo "morto" a alguén, culparon aos/as comuneiros/as de todo. Iso é para que se dea contan de quen os representa.

O deste domingo non ten nome, sentinme vexado, ultraxado e menosprezado, só por preguntar pola marcha da comunidade, na que son un comuneiro máis e teño todo dereito do mundo a preguntar cando non vexo ben as cousas. En ningún momento lles preguntei polas súas contas ou vida privada.

O curioso é que a pesar de que lles estaba preguntando por asuntos que tiñan que constar en acta e que segundo eles así constan, en ningún momento as amosaron para probar que eu mentía, só buscaron o intento de linchamento ante algunha xente que fai moito ruído, pero que non entende que temos unhas obrigacións e uns dereitos que se nos están vulnerando.

Esa xente no se da conta que a directiva está pondo en perigo a subsistencia da propia comunidade e a nosa economía familiar, ao "enchufar"a dedo e por amistade como recoñeceu o presidente, a xente para facer traballos para comunidade, sen un contrato e seguro. De verdade os/as comuneiros/as entenden o que é ser responsable civil subsidiario en caso de que esa xente sufrise ou sufra un accidente que os incapacite de por vida ou que queden no sito?

Como se pode ser tan irresponsable nun caso de tanta gravidade?
É que de case 20 directivos, ningún é capaz de entender isto?
Para que nos integramos na Organización Galega de Comunidades de Montes?
Para que estamos na Mancomunidade da Serra do Barbanza?
Para que pagamos mensualmente unha xestoría?
Preguntas sen sentido nunha comunidade na que non nos viña nada mal un curso de aprendizaxe.

Por último escoitarlle ao presidente dicir que tódolos días ten que tomar decisións sobre a comunidade é que para cada decisión non pode convocar unha asemblea é de risa. Nin que fose un alcalde, presidente da Xunta ou do Goberno.

Se ese suposto interese que tenta amosarnos que ten coa comunidade o tivese cun par de "animaliños" que sabemos el e máis eu, mellor lles iría. En algo máis de 3 anos, non se preocupou para nada deles, nin de como estaban, nin se tiñan que comer ou se se lles daba.

En fin, o dito, quédense mellor coas imaxes, a magoa é que non se sinta o aire salitroso que respiro é que tanto me relaxa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.